Actualidade Elden Ring xa vendeu máis de 16 millóns de copia en todo o mundo

Elden Ring xa vendeu máis de 16 millóns de copia en todo o mundo

Bandai Namco confirmou que Elden Ring, a última obra de Hidetaka Miyazaki, xa vendeu 16,6 millóns de copias en todo o mundo. Esta cifra inclúe tanto as copias en formato físico como as descargas en formato dixital.

A última vez que anunciaron cifras sobre o xogo estas se situaban nos 13,4 millóns, no mes de maio; en tres meses logrou vender máis de 3 millóns de unidades polo tanto.

Por suposto, estas cifras fan que sexa o título de From Software máis exitoso en vendas até esta data. Haberá continuación? Pode ser. As dúas compañías sacaron un comunicado aló por marzo no que dicían que das vendas do xogo semellaban ser «un fantástico inicio para unha nuevo franqu». Haberá que ver se Miyazaki ten este plan no seu horizonte ou ten outro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.