Actualidade Electronic Arts dá marcha atrás e cancela o EA Play 2022

Electronic Arts dá marcha atrás e cancela o EA Play 2022

O que parecía que sería un dos intres chave para recuperar os eventos presenciais foi finalmente suspendido. Electronic Arts anunciou hai unhas horas que non celebrará o EA Play 2022.

O evento, que estaba programado para o mes de xuño e que moitas funcionaba como unha especie de sala de espera para o E3, ía ser unha gala de presentación para todos os proxectos que a compañía americana ten para os vindeiros tempos. Porén, os anuncios serán espallados ao longo de todo ano.

Un representante de Electronic Arts comenta nunhas declaracións a IGN que «amamos o EA Play Live porque é a nosa forma de conectar cos xogadores e de compartir as novidades convosco. Emporiso, este ano as cousas non se están aliñando para mostrarvos todo nunha única data. Temos cousas moi emocionantes ocorrendo nos nosos estudios de clase mundial e este ano desvelaremos moito máis sobre estes proxectos cando sexa o momento adecuado para cada un deles. Agardamos pasar tempo convosco ao longo do ano».

Haberá evento no 2023? Pode ser, mais, polo momento, quedamos sen evento como tal e, lembramos, sen E3, após a cancelación da edición deste 2022.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.