Electronic Arts publica unha conta atrás relacionada con Need for Speed

Electronic Arts publica unha conta atrás relacionada con Need for Speed

A súa ausencia no último E3 era algo que se sabía, pero non viña a dicir que Electronic Arts fose gardar a saga Need for Speed e tirase a chave. Non. Hai unhas horas, EA publicou unha conta atrás na súa páxina oficial relacionada coa franquía.

No pasado informe de accionistas a compañía confirmou que a marca Need for Speed estaría na Gamescom, así que non resulta estraño pensar que en menos de dous días poderemos gozar do anuncio dun novo título de condución e velocidade. A conta atrás finalizará o vindeiro mércores ás 16 horas.

Xa que estás, revisa que teñas todo en orde: seguro, ITV, aceite…

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados