Eluskie, novo adestrador do equipo nacional de Overwatch

A organización da selección española confirmou por fin ao novo adestrador do combinado nacional de Overwatch. Gerard “Eluskie” Martí tomará as rendas do equipo respaldado polo apoio dos propios xogadores, que xa viñan sinalando dende hai tempo que vían no agora actual coach do equipo a un candidato máis que posible para poder comandar á escuadra.
A selección española de Overwatch está a preparar na actualidad a súaa participación na Overwatch World Cup 2018. Non foi un camiño doado. Polo traxecto sufriron a primeira baixa de Alberto “Neptuno” González, que renunciou ao seu posto no combinado para poder tomarse un respiro competitivo. Despois dese tropezón, chegou a saída de Sergi “Paranaoidzx” Carrascoy, que marchou da formación debido a motivos persoais que lle impedíann dar o cen por cen dentro do equipo.
⚠️ANUNCIO IMPORTANTE⚠️
Os presentamos al entrenador que irá con la selección española tanto a la Bootcamp como al mundial!
¡Es un placer poder contar con @eluskie , quien ha demostrado su compromiso y dedicación desde los inicios.
Bienvenido oficialmente, Entrenador!? pic.twitter.com/AgIEa05NPZ
— ?? Selección Española de Overwatch ?? (@SpainOWWC) September 2, 2018