En abril, xogo mil :: Principais lanzamentos deste mes

Mes novo que chega, e mes novo que trae consigo novos lanzamentos. Tras un comezo de ano abafador cargado de grandes estreas (Resident Evil 2, Kingdom Hearts 3, Devil May Cry 5, Apex Legends…) parece que as compañías acordaron dar un pouco de tempo aos xogadores para acabar os títulos que teñen pendentes… ou non.
O 26 de abril chegará o exclusivo de PlayStation 4, Days Gone. É unha das grandes apostas de Sony para este ano e, aínda que sufriu diversos atrasos, a aventura de Deacon e as súa capacidade de supervivencia por fin aterra na máquina negra. O problema é que tamén chegarán os miles de infectados que campan ás súas anchas por eses Estados Unidos apocalípticos.
Outro dos grandes lanzamentos de abril é o agardado Mortal Kombat 11. Un novo paso cara á brutalidade e a violencia que un xogo de loita pode ofrecer. A súa beta privada estivo dispoñible estes días. A medida que pasen as semanas iranse coñecendo máis detalles sobre o cadro de loitadores definitivo.
Non debemos esquecer a chegada de Anno 1800 a PC para todos aqueles que gocen dos xogos de construción de cidades. Tampouco da aterraxe en Nintendo Switch de Cuphead, ou da posibilidade de xogar por fin na mesma plataforma a Final Fantasy X e X-2 ou a Final Fantasy XII: The Zodiac Age. Algúns JRPG nunca pasan de moda.
Xogo | Plataforma | Data de lanzamiento |
---|---|---|
Dangerous Driving | PS4, Xbox One, Switch, PC | 9 de abril |
Phoenix Wright: Ace Attorney Tilogy HD | PS4, Xbox One, Switch, PC | 9 de abril |
Earth Defense Force: Iron Rain | PS4 | 11 de abril |
Anno 1800 | PC | 16 de abril |
World War Z | PS4, Xbox One, PC | 16 de abril |
Final Fantasy X/X-2 HD Remaster | Xbox One, Switch | 16 de abril |
Dreams (early access) | PS4 | 16 de abril |
Cuphead | Switch | 18 de abril |
Katana Zero | Switch, PC | 18 de abril |
Dragon’s Dogma: Dark Arisen | Switch | 23 de abril |
Mortal Kombat 11 | PS4, Xbox One, PC, Switch | 23 de abril |
Boxboy + Boxgirl | Switch | 26 de abril |
Days Gone | PS4 | 26 de abril |
Final Fantasy XII: The Zodiac Age | Xbox One, Switch | 30 de abril |

Anno 1800 llegará a PC a mediados de mes, el 16 de abril.