Enchanted Portals, o Cuphead de Xixo Games, financiarase a través de Kickstarter

Enchanted Portals, o Cuphead de Xixo Games, financiarase a través de Kickstarter

Enchanted Portals, o novo proxecto do estudio español Xixo Games Studio, escolleu Kickstarter para lograr o financiamento preciso para desenvolver o seu xogo. Así, os responsábeis de Xixo Games esperan repetir a fórmula do éxito que permitiu que Cuphead conseguise superar a barreira dos cinco millóns de copias vendidas. Por iso, a partir do 24 de outubro todo aquel que así o queira poderá financiar o proxecto.

A través dun estilo artístico e unha banda sonora que lembran poderosamente ao traballo realizado polos irmáns Chad e Jared Moldenhauer, Enchanted Portals preséntanos unha proposta xogable moi similar á de Cuphead. Un boss rush continuo no que teremos que enfrontar numerosos xefes finais de todas as formas e cores, no que poderemos estar acompañados doutra persoa ao longo da aventura.

Enchanted Portals chegará co seu modo cooperativo para PC e Nintendo Switch, a falta de lograr o obxectivo de recadación que fixen dende o estudo en Kickstarter. Aquí debaixo tendes o trailer do título.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados