
Epic celebra o comezo do 2020 con tres títulos gratis
Algúns se preguntaban se a Epic Games Store seguiría regalando títulos en 2020. A resposta non tardou en chegar. Após regalar doce xogos durante as últimas dúas semanas, a tenda dixital comezou o ano cun tridente gratuíto.
Tres obras de demostrada calidade están dispoñíbeis para a súa descarga, por cero euros, até o 9 de xaneiro. Cales? Darksiders: Warmastered Edition, Darksiders II: Deathinitive Edition e Steep.
Estratexia, acción e deporte extremo. Unha combinación moi apetecíbel que semella servir de continuación a unha política que deu a posibilidade de xogar a máis de corenta xogos sen abrir a carteira, ao longo dos últimos meses, nesta plataforma dos donos do Fortnite.