Epic devolve a unha familia 1.200 dólares que gastou o seu fillo en Fortnite

Epic devolve a unha familia 1.200 dólares que gastou o seu fillo en Fortnite

Fortnite é ese fenómeno social e cultural que foi capaz o pasado ano de ingresar 3.000 millóns de dólares en beneficios netos. Agora ben, non todo o mundo ve con bos ollos a súa maneira de facer negocios. A organización sen ánimo de lucro Better Business Bureau (BBB) outorgoulle unha F a Fortnite. Vaia, que suspende ao título en base ás reclamacións sen resposta presentadas polos seus socios. En total, serían 247 mensaxes sen contestación.

Doutra banda, BBB tamén critica os problemas de seguridade do título ao permitir o uso de tarxetas de crédito sen autorización previa. Non hai moito, un neno conseguiu acumular gastos por valor de 1.200 euros despois de realizar un bo número de compras dentro do xogo. A súa familia, de Carolina do Norte, pensou que se trataba dunha fraude nun principio, pero descubriron que era cousa do seu fillo. Tras poñerse en contacto con Epic Games, o estudo emitiu o reembolso solicitado. Aínda que para iso houbo que esperar “un tempo”, segundo indicou a nai do pequeno. Neste estado, a compañía acumula 13 queixas sobre a lentitude nas respostas por parte de Epic.

Branqueo de cartos?

A semana pasada o xornal The Independent publicou un artigo no que falaba de como o éxito de Fortnite axudou a crear unha economía de compravenda de paVos que algúns criminais estarían a aproveitar para lavar diñeiro.

Ao parecer este proceso sería moi sinxelo. Os criminais compran paVos con diñeiro conseguido de maneira ilegal, venden a moeda virtual aos xogadores cun suculento desconto e branquean os beneficios sen perder demasiado diñeiro no proceso.

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados