Actualidade Epic Games adía a chegada da terceira tempada en Fortnite

Epic Games adía a chegada da terceira tempada en Fortnite

Haberá que agardar un pouco máis para poder gozar do novo contido que prepara Epic Games para Fortnite. O battle royale adía cinco semanas máis a chegada da Tempada 3 do Capítulo 2, programada para o 30 de abril. A compañía non especificou ningún detalle sobre os motivos deste cambio de data, polo que o único dato oficial é que este novo contido aterrará o 4 de xuño.

A segunda tempada do título permanece activa desde febreiro e non é a primeira vez que Epic Games vese na obriga de anunciar un atraso. A gran actualización que sufriu o xogo coa primeira tempada do Capítulo 2 debía rematar en decembro do 2019 pero finalmente buscou outra data de finalización. «Temos varias actualizacións preparadas que ofrecerán gameplay incrible, novos desafíos, bonus de XP e un par máis de sorpresa», son as declaracións da desenvolvedora no seu blogue oficial respecto deste cambio na súa axenda.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.