Epic Games adquire Quixel e a súa colección de recursos de creación dixital

Quixel é un nome ben coñecido dentro do mundo do escaneado e a dixitalización de toda clase de obxectos mediante fotogrametría. Do seu traballo sae a colosal colección de recursos para desenvolvedoras Megascans. Hai unhas horas, a compañía anunciou o comezo dunha nova etapa, após seren adquiridos por Epic Games, responsábeis de Fortnite e donos do motor Unreal Engine.
Os artistas poderán agora obter dez paquetes de recursos en alta definición desde a tenda de Unreal sen custo algún, aínda que se verán máis achegas deste tipo no futuro. Ademais, as ferramentas de edición Mixer e Bridge pasarán a ser de balde e engadirán novas actualizacións moi pronto. Quixel tamén aclara que devolverá o último pago da subscrición de Megascans aos usuarios de Unreal Engine 4, tamén ebaixarán todos os custos de subscrición.