
Epic Games estrena presidente: Adam Sussman, exdirectivo de Nike, EA e Take-Two
Epic Games segue colocada como unha das empresas de videoxogos con máis proxección do planeta. Fortnite é un título invencíbel a día de hoxe, sen final aparente no horizonte e unha lexión de xogadores fieis, que continúa xerando uns ingresos, unidos aos investimentos externos como os chegados desde Tencent, que permiten desempeñar diversas estratexias e expansións perpendiculares como a Epic Games Store.
Ben é certo que malia que todo vai ben, sempre pode haber alguén que queira emprender outro camiño. Paul Meegan, anterior presidente da compañía, baixou do barco de Epic en xuño, deixando libre un oco máis que importante dentro da empresa. Hoxe, a través do medio GamesIndustry, sóubose que Adam Saussman ocupará o seu asento. É un nome coñecido dentro da industria do videoxogo e o entretemento, emporiso, o seu traballo máis recente foi dentro de Nike. Tamén vicepresidente senior de publicacións globais con Zynga e estivo en Disney, DIMG Games, Electronic Arts e Take-Two Interactive.
«Após cinco anos e medio excelentes en Nike, decidín tomar a miña nova oportunidade como Presidente de Epic Games», explica Sussman. «Nike é unha marca incríbel, tiven a oportunidade de traballar con moitas persoas excelentes e estou moi orgulloso do que logramos xuntos. Aínda que é agridoce, estou moi emocionado de unirme a Epic e síntome honrado de ser parte do notable equipo que construíu un dos xogos máis grandes do mundo».