Epic Games Store publica os seus ingresos e confirma a continuidade de títulos de balde

Epic Games Store publica os seus ingresos e confirma a continuidade de títulos de balde

Epic vén de confirmar de xeito oficial que a Epic Games Store continuará coa repartición de xogos a prezo cero ao longo do 2020. A tenda dos responsables de Fortnite xerou uns ingresos próximos aos 680 millóns de dólares desde a súa estrea, en decembro de 2018.

Por suposto, Epic non oculta que boa parte destes ingresos teñen que ver co seu battle royale, pero a compañía sinala tamén que uns 250 millóns corresponderían a xogos third-party, unha cifra «un 60 % superior ás previsións», en palabras de Tim Sweeney, CEO da empresa.

A día de hoxe, a tenda dixital ha identificado 300 millóns de usuarios, dos cales 180 millóns compraron ou descargaron un xogo gratuíto en PC. A periodicidade deste tipo de ofertas de balde manterase de maneira semanal durante todo o ano.

Cales foron os títulos máis populares? World War Z, Satisfactory, Dauntless, Untitled Goose Game, Outer Worlds, Borderlands 3, Metro Exodus, The Division 2 e Control. Todos eles, como non, son exclusivos da tenda.

A continuación, podes consultar unha completa e interesante infografía con máis datos (dálle para ampliar):

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados