Epic Games Store xa conta coa opción de ver críticas dos xogos

Epic Games Store xa conta coa opción de ver críticas dos xogos

Tardaron en chegar á Epic Games Store, pero por fin chegaron. As recensións, unha das características máis reclamada polos usuarios da tenda dixital de Epic, foron incluídas ao longo das últimas horas.

Desde agora, é posíbel coñecer a opinión da prensa especializada con respecto aos distintos videoxogos dispoñíbeis na plataforma. Epic apostou por OpenCritic — Steam faino por Metacritic—. Ora ben, a implantación desta característica podería ser tamén unha decepción, pois non permite aos usuarios deixar unha crítica de seu como ocorre na tenda de Valve. Ademais, a puntuación que aparece non é a media das notas, senón a porcentaxe de críticos que valoraron a obra de xeito positivo.

OpenCritic explicou que a elección de críticas que se visualizan na Epic Store toma como base a «notoriedade da revista ou o medio», malia que tamén outros factores como a disparidade de puntuacións ou se a crítica inclúe insultos ou malas palabras —deixan de ser incluídas—. Doutra banda, os estudios deciden se queren incluír as recensións na súa páxina, se ben é certo que a maioría optou polo si.

Aspecto do novo apartado de clasificacións.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados