Actualidade Epic Games Store xa permite micropagos nos videoxogos third-parties

Epic Games Store xa permite micropagos nos videoxogos third-parties

Os estudios que queiran publicar videoxogos na Epic Games Store xa poden habilitar microtransacciones dentro dos mesmos. A tenda dos responsábeis de Fortnite permite desde a súa última actualización este tipo de economías.

«Damos apoio ao dereito das compañías para escoller entre as mellores tendas, procesos de pago, servizos online e motores, e dámoslles tamén dereito a mesturar todos eses compoñentes do modo no que queiran facelo», comenta Tim Sweeney, CEO da compañía norteamericana nun comunicado.

A plataforma dixital suma así unha nova característica á tenda, malia que seguramente non sexa esta a máis ansiada pola comunidade, que aínda agarda funcións básicas como as recensións de usuarios, a puntuación de títulos ou a lista de desexados.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.