Epic merca Cubic Motion, compañía especializada en animación facial

Epic segue movendo as súas fichas perante a idea de ser e permanecer como unha das grandes compañías de videoxogos do presente. Cubic Motion, empresa de Manchester especializada na tecnoloxía de animación facial, foi adquirida polos donos do Fortnite. Os seus traballos son bastante coñecidos, destacando os realizados en Hellblade, Marvel’s Spider- Man ou God of War, por exemplo.
Desde agora, Cubic Motion pasará a estar baixo o paraugas de Epic, cada vez máis grande. Segundo o comunicado oficial remitido apços a sinatura do acordo, o grupo de Manchester seguirá traballando para outros clientes da industria, polo que non se contempla un oficio exclusivo para os intereses de Epic.