Actualidad Analogue anuncia unha nova consola baseada na Nintendo 64

Analogue anuncia unha nova consola baseada na Nintendo 64

Analogue, compañía especializada na fabricación de dispositivos retro que utiliza cartuchos orixinais, xa albisca no horizonte a súa próxima consola. Levará por nome Analogue 3D e será unha «reimaxinación» da Nintendo 64.

A nova máquina chegará no ano 2024 e continuará o camiño de Analogue Pocket, Analogue Duo, Super NT ou Mega Sg. Se non as coñeces e es das persoas que gozan cos vellos videoxogos, é posíbel que atopes unha nova vía para gozar das obras que conserves como nunca pensaches. O problema? Que é complicadísimo mercar calquera das nomeadas consolas polo seu stock.

Sexa como for, a nova Analogue 3D promete un 100 % de compatibilidade con todos os xogos do mítico hardware de Nintendo 64. Terá saída de vídeo 4K e modos de vídeo orixinais… até poderás conectar os mandos orixinais da N64 —mais é compatíbel con mandos bluetooth—.

Estar interesado nesta peza de colección retro? Pois podes pedir na la web oficial a posibilidade de recibir unha notificación persoal cando haxa más novas sobre o lanzamento.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.