Actualidad Apple Arcade, a proposta de Apple para o mundo do videoxogo

Apple Arcade, a proposta de Apple para o mundo do videoxogo

*Artículo pendiente de traducción

Este 2019 está sendo un ano no que os grandes xigantes tecnolóxicos están apostando forte pola industria do videoxogo.

Hai uns días foi quenda para Google con Stadia e este luns 25 de marzo, aproveitando a súa Keynote, Apple presentou Arcade. A súa plataforma de xogos exclusivos para IOS e Mac. Un campo ao que a compañía de Cupertino nunca lle prestou especial atención nin dedicou moito agarimo na preparación do hardware dos seus equipos.

No vídeo da presentación puidemos ver imaxes dalgún dos máis de 100 novos títulos que chegarán en outono a este novo servizo, que non se poderán xogar en ningunha outra plataforma e polo que se pagará un prezo non especificado.

O que si puidemos saber é algún dos estudos que están desenvolvendo xogos para Arcade e a verdade é que o nivel promete: Disney, Lego, Sega, Gameloft, The Chinese Room, Snowman, Annapurna… Tamén que o xogos poderán gozarse en calquer dispositivo do ecosistema de Apple, que non haberá publicidade e que poderemos xogalos offline en calquer momento e lugar.

Esta inmersión non será revolucionaria nin moito menos, pero si abre un mercado moi interesante para estudios e creadores que poden atopar na compañía da mazá un mercado moi apetecible no que intentar abrirse camiño.

Alexandre Pita
Alexandre Pita

Publicista. Clase media. Caucásico. Procrastinador.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *