Actualidad As versións de nova xeración de Resident Evil 2, 3 e 7; xa dispoñíbeis

As versións de nova xeración de Resident Evil 2, 3 e 7; xa dispoñíbeis

Son días de eventos, polo que as novas chegan dunha e outra banda. Capcom quixo este ano ter un oco de seu para anunciar algunhas novidades e lanzamentos. De entrada, unha sorpresa agradábel: as revisións dos Resident Evil 2 e Resident Evil 3, amais do Resident Evil 7, xa contan cunha versión de nova xeración, que mellora o apartado visual das aventuras.

Esta mellora está dispoñíbel para Xbox Series X e S e PlayStation 5, e non deriva baixo ningún concepto en abrir a billeteira. Tamén pode ser descargada como unha actualización de balde en PC. Na práctica engade resolución 4K, trazado de raios, maior tasa de fotogramas e audio en 3D, o que ofrecerá unha «experiencia máis suva e envolvente», explicaron desde Capcom. E si, o DualSense tamén ofrecerá unha resposta háptica e compatibilidade con gatillos adaptativos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.