Actualidad Capcom confirma o desenvolvemento de Dragon’s Dogma II

Capcom confirma o desenvolvemento de Dragon’s Dogma II

Si, Dragon’s Dogma II é unha realidade, polo menos sobre o papel, sobre os discos duros e sobre as cabezas da xente que forma o equipo que o está a crear utilizando o RE Engine de Capcom. A compañía xaponesa ten entre mans a continuación da obra de Hideaki Itsuno, que repetirá papel de director ao tempo que foi o encargado de ofrecer a nova o mundo.

Iso si, nin tráiler, nin adianto, nin imaxes, nin data, nin nada. Tocará esperar un tempo para saber máis deste futuro xogo. E que ten o vídeo de presentación? Pois a Itsuno explicando diversas cousas, como a traxectoria do estudio no que traballa ou as súas ideas á hora de mesturar RPG e fantasía; tamén saen Daigo Ikeno e Kenichi Suzuki, director de arte e deseñador de niveis, respectivamente.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.