Actualidad Diablo Immortal verá a luz en xuño e contará cunha versión de PC

Diablo Immortal verá a luz en xuño e contará cunha versión de PC

Blizzars segue a ofrecer novas estes días e anuncia a chega de Diablo Inmortal o vindeiro 2 de xuño. Ademais de ser lanzado en iOS e Android, o título tamén estará dispoñíbel para PC.

A compañía estadounidense, agora propieda de Microsoft, tamén abriu un formulario de pre-rexistro onde podes deixar os teus datos e ir obtendo información da beta e do lanzamento que están por chegar.

Presentado de xeito oficial no 2018, foi aquel un momento bastante memorable na historia do videoxogo actual por mor da morna resposta do público da BlizzCon, que non amosou excesivo interese neste título e mesmo chegou a preguntar se era unha brincadeira ou algo semellante —a xente agardaba un Diablo IV e non un xogo para móbiles—.

Sexa como for, Diablo Inmortal chegará pouco antes do verán, será F2P e haberá que ver se ao final pode ser un xogo máis que digno do legado en xeral de Diablo.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.