Actualidad Dune: Spice Wars lanzará o seu acceso anticipado o vindeiro 26 de abril

Dune: Spice Wars lanzará o seu acceso anticipado o vindeiro 26 de abril

A partir do 26 de abril poderemos dar os nosos primeiros pasos no deserto de Arrakis. Funcom anunciou que o acceso anticipado de Dune: Spice Wars será unha realidade a partir dese día.

Desenvolto por Shiro Games, creadores de Northgard, Dune: Spice Wars será un título de estratexia en tempo real con elementos 4X, ambientando no universo creado por Frank Herbert e levado agora até o cinema, de novo, por Denis Villeneuve.

O estudio aproveitou a ocasión para anunciar a cuarta facción que poderemos controlar, os Fremen —xa tiñamos confirmada a presencia dos Atreides e os Harkonnen, ademais dos Contrabandistas—. Este grupo, natural do planeta árido, «terá unha maior capacidade de movemento e de resistencia ás inclemecias do deserto».

Non será o único xogo que vexamos de Dune nos próximos tempos. A mesma Funcom está desenvolvendo un título de supervivencia de mundo aberto neste Dune, mais non ten data de lanzamento.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.