Actualidad Ghost of Tsushima recibe a súa derradeira gran actualización

Ghost of Tsushima recibe a súa derradeira gran actualización

Considerado hoxe por hoxe un dos títulos máis rendíbeis e exitosos do catálogo de exclusivos de PlayStation 4, Ghost of Tsushima remata a súa viaxe como tal. Sucker Punch acaba de anunciar que o parche 2.18 será a última actualización do xogo, pechando así un capítulo dentro do mesmo estudio.

A obra ambientada durante a primeira invasión mongol no Xapón recibe este parche case dous anos despois do seu lanzamento, tempo no que acadou un recoñemento público e de crítica bastante notable. Se ben esta será a última actualización programada como tal, o estudio tamén confirmou que estará pendente de calquera error importante que deban solucionar no futuro, se así fose detectado.

Con respecto ao contido deste novo e último parche do xogo, a maioría de novidades e correccións céntranse precisamente neste modo multixogador, entre eles varios relacionados cos obxectos e coas misións que non podían ser rematadas e completadas correctamente ou non outorgaban as recompensas que correspondían. Doutra banda, tamén foron corrixidos algúns fallos en diálogos e cinemáticas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.