Actualidad Gotham Knights presenta os seus primeiros 16 minutos de gameplay

Gotham Knights presenta os seus primeiros 16 minutos de gameplay

Gotham Knights chegará o 25 de outubro para PS5, Xbox Series X|S e PC, por iso cómpre ir coñecendo e vendo como será o novo título de Warner Bros.

Así, a compañía norteamericana acaba de presentar un extenso gameplay que permite coñecer os primeiros 16 minutos do xogo, após a introdución do mesmo. Este avance está protagonizado por Batgirl, e vemos algunhas das accións básicas que pode realizar esta personaxe, como o modo detective, algo do combate e o seu desprazamento polos tellados de Gotham.

Paga a pena lembrar que o xogo estará centrado ao redor do asasinato de Batman, e poderemos controlar a Batgirl, Robin, Red Hood e Nightwind, e permitiranos entrar na maior recreación de Gotham feita até hoxe nun videoxogo. Segundo os creadores da aventura, coller un personaxe ou outro afectará de xeito fondo a experiencia de xogo, pois cada un conta con liñas de diálogo propias e animacións exclusivas.

A continuación tes o nomeado gameplay:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.