Actualidad Hangar 13 está a desenvolver un novo título de Mafia

Hangar 13 está a desenvolver un novo título de Mafia

O estudio Hangar 13 confirmou nesta última semana que está a desenvolver un novo xogo da franquía Mafia. A noticia chegou un pouco de sorpresa, a través dunhas declaracións de Roman Hladík, director xeral do estudio, durante unha entrevista para a súa web oficial co gallo da celebración do 20 aniversario desta saga.

«Estou encantado de confirmar que empezamos a traballar nun proxecto completamente novo de Mafia!», explicaba Hladík. «Aínda faltan uns cuantos anos e non podemos dicir nada máis polo momento, mais estamos moi entusiasmados por seguir traballando nesta serie tan querida e divertir aos xogadores con nuevo historias».

Está claro que aínda queda moito por diante até que teñamos algunhas novas reais e visuais sobre esta nova obra, mais algúns apuntamentos e filtracións sinalan que sería unha prequela da triloxía orixinal e que será creada en Unreal Engine 5.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.