Actualidad Konami fará un anuncio sobre a saga Silent Hill esta mesma semana

Konami fará un anuncio sobre a saga Silent Hill esta mesma semana

As redes sociais de Konami falaron e o deixan claro: esta semana teremos novidades ao redor da saga Silent Hill. Un novo xogo? Varios? Revisións? Novos camiños? O 19 de outubro sairemos de dúbidas a través da retransmisión en liña que teñen preparada, ás 23 horas, hora galega.

É difícil estar en calquera rede social —máis aínda en Twitter— e non ver cada certo tempo algún tipo de especulación sobre a mítica franquía de terror. Silent Hill é hoxe unha fonte enorme de teorías e peticións. Abonda lembrar o de Abandoned e Kojima, o de Bloober Team ou a aparición da marca en listas de calificación internacionais.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.