Actualidad Nintendo confirma o lanzamento de Mario + Rabbids: Sparks of Hope para outubro

Nintendo confirma o lanzamento de Mario + Rabbids: Sparks of Hope para outubro

Mario + Rabbids: Sparks of Hope chegará a Nintendo eShop o vindeiro 20 de outubro. Podía ser unha nova máis sorprendente, pero é que a nova xa foi filtrada pola mesma Ubisoft —vaia déjà vu— hai unhas horas, ao publicar a data na tenda oficial da compañía.

Sexa como for, o Nintendo Direct de hoxe confirmou a cousa, que chega cun novo tráiler ao que será o xogo este ano de Mario e compañía, se non hai sorpresas de última hora.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.