Actualidad Nintendo leva a Switch diversos títulos de Game Boy e Game Boy Advance

Nintendo leva a Switch diversos títulos de Game Boy e Game Boy Advance

Nintendo deu unha boa máis que fermosa durante o último Nintendo Directo. Seguindo o ronsel de levar títulos clásicos das súas anteriores máquinas até Nintendo Switch —xa hai de Super Nintendo, NES e Nintendo 64—, é o momento de ver obras de Game Boy e Game Boy Advance no catálogo actual.

Ora ben, hai un par de cousas (monetarias) a ter en conta. Como é habitual, precisarás ter unha suscrición ao servizo Nintendo Switch Online para xogar coas obras saídas en Game Boy, pero é que ademais precisarás o Paquete de Expansión para os de Advance. Non, a Gran N segue sen regalar nada.

A continuación tes os títulos que chegarán desde Game Boy:

  • Tetris
  • Super Mario Land 2
  • The Legend of Zelda: Link’s Awakening DX
  • Gargoyle’s Quest
  • Game & Watch Gallery 3
  • Alone in the Dark: The New Nightmare
  • Metroid II: Return of Samus
  • Wario Land 3
  • Kirby’s Dream Land

E estas son as obras que parten de Game Boy Advance:

  • Super Mario Advance 4: Super Mario Bros. 3
  • Wario Ware, Inc.
  • Kuru Kuru Kururin
  • Mario Kart. Super Circuit
  • Mario & Luigi: Superstar Saga
  • The Legend of Zelda: Minish Cap

Cómpre dicir que ambos os dous casos o catálogo será ampliado no futuro próximo. Si, poderemos gozar do Golden Sun en Switch.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.