Actualidad Nintendo también abre el cajón de las ofertas de esta primavera

Nintendo también abre el cajón de las ofertas de esta primavera

Nintendo vén de anunciar o inicio das Ofertas de Primavera na eShop. Un intre máis que interesante para comprar algún dos títulos do seu catálogo. Como saberás, as obras de Nintendo non adoitan recibir descontos para sempre, malia que pasen anos desde o seu lanzamento, senón que se limitan a períodos de tempo concretos.

Durante a actual promoción estarán rebaixados máis de 300 xogos de Nintendo Switch con ata un 80% de desconto. Podes comprobar todas as ofertas nesta mesma ligazón. Dentro dunha semana, o xoves 9 de abril, a compañía engadirá novos títulos con ofertas, incluíndo The Legend of Zelda: Breath of the Wild, Donkey Kong Country: Tropical Freeze e Kirby Star Allies. As rebaixas terminarán o 19 de abril.

Aquí tes algunhas das ofertas máis destacadas:

  • Mario + Rabbids: Kingdom Battle – 9,99 €
  • Crash Bandicoot N. Sane Trilogy – 19,99 €
  • Hellblade: Senua’s Sacrifice – 14,99 €
  • Divinity: Original Sin 2 – 39,99 €
  • The Witcher 3: Wild Hunt Complete Edition – 41,99 €
  • Metro 2033 Redux – 17,49 €
  • Metro Last Light Redux – 17,49 €
  • Sonic Mania – 13,99 €
  • Diablo III: Eternal Colection – 29,99 €
  • Spyro Reignited Trilogy – 19,99 €
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.