Actualidad O novo xogo de Shin-chan chegará a Europa este agosto

O novo xogo de Shin-chan chegará a Europa este agosto

Logo de moita petición, moito meme e moita gana, a realidade pórtase con nós: o xogo de Shin-chan desenvolto polo estudio detrás da saga Boku no Natsuyasumi chegará a Europa.

É oficial, e así aparece anunciando na páxina oficial do xogo e nas súas redes sociais. A obra como tal só saíra no Xapón e moitos fans do lendario personaxe comentaron nas redes a mágoa que sentían por non poder vivir a aventura proposta neste título que mestura exploración e simulación, ao tempo que pasamos un relaxado e divertido verán na rexión de Kyushu. Que podemos facer? Cociña, pescar, facer fotos, bañarnos… o típico dun bo estío.

O seu nome orixinal era Crayon Shin-chan: Ora to Hakase no Natsuyasumi – Owaranai Nanokakan no Tabi, mais aquí chegará como Shin-chan: Me and the Professor on Summer Vacation – The Endless Seven-Day Journey —que non é curto— e sairá para Nintendo Switch e PlayStation, con textos en inglés, castelán, alemán e portugués.

Agosto é a fiestra escollida para o seu lanzamento, malia non termos aínda un día máis concreto.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.