Actualidad O ray tracing chegará a Portal o vindeiro 8 de decembro

O ray tracing chegará a Portal o vindeiro 8 de decembro

Portal recibirá unha mellora gráfica o próximo 8 de decembro ao permitir desde esa data activar a tecnoloxía ray tracing —trazado de raios—, segundo anunciou este martes Nvidia.

Será posíbel descargar este parche na versión de Steam, e engadirase a través dun DLC gratuíto que busca funcionar como unha demostración das bondades da serie 40 das tarxetas gráficas GeForce RTX.

Doutra banda, esta nova mellora pode ser unha boa promoción para RTX Remix, a plataforma a través da que se desenvolveu este DLC. Aínda que polo momento non é de acceso público, a idea deste servizo é a de ofrecer acceso sinxelo a assets de xogos de onte e hoxe e a ferramentas que permitan, IA mediante, modificar os gráficos e xerar mods que aproveiten algunhas das tecnoloxías que foron chegando ou aparecendo nos últimos anos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.