Actualidad One Piede Odyssey busca convencer cun novo adianto

One Piede Odyssey busca convencer cun novo adianto

Bandai Namco aproveitou o día de onte para presentar un novo tráiler de One Piece Odyssey, que na teoría chegará este mesmo ano. Ben é certo que aínda non está confirmada a data de lanzamento como tal, mais sabemos que sairá este 2022 para Xbox One, Xbox Series X e S, PlayStation 4, PlayStation 5 e PC a través de Steam.

Que tipo de xogo será? Un RPG inspirado no máis que coñecido manga de Eiichiro Oda, e que está a ser desenvolvido por ILCA, xente que participou no desenvolvementos de outras obras como Voice of Cards, NieR: Automata e Replicant, Code Vein e os últimos Pokémon. Bo currículo, vaia.

A continuación podes ver esas novas imaxes:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.