Actualidad Os creadores de Gato Roboto presentan o aseu novo proxecto, Gunbrella

Os creadores de Gato Roboto presentan o aseu novo proxecto, Gunbrella

O estudio independente Doinksoft ten un novo proxecto en mente —e xa sobre a mesa—: Gunbrella é o título do seu novo traballo após tocar o éxito con Gato Roboto (2019) Foi presentado no último Indie World de Nintendo.

Distribuído por Devolver Digital, Gunbrella é un xogo de acción noir-punk con estética pixel-art no que entraremos na pel dun leñador na procura de vinganza. A nosa arma? Un paraugas que tamén é un rifle. Esta ferramenta tamén será usada para planear, movernos polo chan e poderemos mellorala de diferentes xeitos.

Na teoría, chegará ao longo do ano 2023 para Switch e PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.