Actualidad Os creadores de Warframe anuncian Soulframe, un MMORPG

Os creadores de Warframe anuncian Soulframe, un MMORPG

O estudio responsábel de Warframe, Digital Extremes, acaba de anunciar o seu novo videoxogo. Chámase Soulframe e será un MMORPG de acción con ambientación fantástica, se ben estará ligado co universo de Warframe.

O certo é que a cousa é bastante interesante, pos alén de Warframe, o estudio non deu coa tecla do éxito con outros proxectos, como foi o caso The Amazing Eternals, do 2017. Agora, tomando como base o formato free-to-play, e un combate «lento e pesado», segundo os desenvolvedores, a compañía tentará ter outra galiña dos ovos de ouro.

Doutra banda, o estudio tamén sinala que Geoff Crookes será o director creativo do nuevo proxecto. Este mesmo explica que «co worldbuilding e os elementos temáticos de Soulframe realmente buscamos volver aos favoritos da nosa infancia e tomar inspiración dos elaborados mundos fantásticos dos que namoramos ao medrar».

Coa saída de Croookes cara ao equipo de Soulframe, Rebecca Ford pasa a ser a nova directora creativa de Warframe.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.