Actualidad Os Game Awards poñen data para a edición deste 2022

Os Game Awards poñen data para a edición deste 2022

Coa Gamescom a pieques de ser celebrada, Geoff Keighley xa amosa intencións, lembra que é unha especie de tipo omnipresente, e aproveita o ronsel deste evento para lembrar o seu: si, The Game Awards contará cunha nova edición este ano e será o 8 de decembro, xoves.

Terá como escenario o Microsoft Theater de Los Ángeles; ora ben, poderemos seguilo por streaming, por suposto. Dentro das principais novidades desta edición é a inclusión dunha nova categoría, a de Mellor Adaptación de Videoxogo. Este premio servirá como galardón para aquelas obras que logren capturar a esencia dunha franquía ou un videoxogo. Por exemplo? A película de Uncharted, a de Sonic ou a serie de Cuphead.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.