Actualidad Pro Evolution Soccer cambia su nombre por eFootball y será free-to-play

Pro Evolution Soccer cambia su nombre por eFootball y será free-to-play

Fin dunha era. Konami anunciou esta semana que a franquía Pro Evolution Soccer deixará de existir tal e como a coñecemos. Nin sequera conservará o nome, nin tampouco prezo…

A partir de agora, a saga de simulación de fútbol da compañía xaponesa chamarase eFootball e non haberá que pagar —aínda que por suposto si terá micropagamentos— para poder xogalo. O xogo será lanzado no outono.

eFootball aterrará de xeito gratuíto en PlayStation 5 e Xbox Series X|S, e terá versións compatíbeis en PlayStation 4, Xbox One, Steam, iOS e Android. A continuación podes coñecer os plans de futuro que amosaron os seus responsábeis tralo lanzamento:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.