Actualidad Riot Games demanda a NetEase por plaxiar a Valorant con Hyper Front

Riot Games demanda a NetEase por plaxiar a Valorant con Hyper Front

Riot Games cre que Hyper Front é unha copia de Valorant, o seu xogo, por iso acaban de presentar unha demana múltiple contra NetEase, estudio responsábel do shooter para móbiles chino.

A noticia foi revelada por Polygon, que indica que esta demanda está posta nos sistemas xudiciais de Reino Unido, Alemaña, Brasil e Singapur, indicando que no xogo chinés detectan «unha copia de partes substanciais de Valorant» en personaxes, mapas, armas, cosméticos, armas… Na práctica, Riot xa levaba tempo indicando as similitudes entre ambos os dous xogos, agardando, posiblemente, unha toma de medidas por parte de NetEase.

Se ben NetEase xa sufriu unha gran demanda en 2018 por varios xogos similares a PlayerUnknown’s Battlegrounds (agora PUBG) cuxa resolución non chegou a ser comentada en público, nesta ocasión Riot quere que se ordene o peche de Hyper Front e solicita que se lle compense por danos «substanciais», aínda que non se especificou unha cifra concreta nesta posíbel compensación económica.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.