Actualidad Sony presenta un novo modelo de PlayStation 5 de menor tamaño

Sony presenta un novo modelo de PlayStation 5 de menor tamaño

Hai modelo novo de PlayStation 5. Logo de rumores varios, Sony confirmou a través dun anuncio oficial a chegada desta nova forma para a súa última consola.

E si, será máis pequena, para ser concretos un 30 % máis pequena en volume que a que podemos mercar agora mesmo nas tendas. Tamén reducirá o seu peso nun 18 % —ou nun 24 % se ten lector de discos ou non—, quedando nos 3,2 quilogramos con lector e nos 2,6 quiologramos sen este elemento.

O novo modelo terá dúas variantes, ambas as daúas cun almacenamento interno de 1 TB. O primeiro terá lector de discos e custará 549,99 euros e, o segundo, sen lector, baixará até os 449,99 euros. Ora ben, se mercas este modelo e o día de mañá queres ter lector poderás instalarlle un por 119,99 euros.

Queda unha cousiña estraña por sinalar: o modelo incluirá un stand horizontal na súa caixa, mais para poñelo en vertical será preciso mercar un stand concreto por 29,99 euros.

Cando sae? En novembro nos Estados Unidos e un lanzamento aos poucos no resto do mundo, sen datas concretas. O que si está especificado é que unha vez desapareza o stock da PS5 orixinal só o novo modelo será o vendido, tratándose dunha substitución total e non dunha opción máis á hora de mercar.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.