Starfield e Redfall caen do 2022 e non os xogaremos até o ano que vén
Algo de mágoa e non demasiada sorpresa. As novas sobre adiamentos son a constante que habita as revistas de videoxogos nesta época que toca vivir. Quizais por iso que un dos lanzamentos máis agardados do ano 2022, como é Starfield, acabe sendo atrasado non deixa de ser unha nova máis, case natural. Así é, o futuro xogo de Bethesda sairá no 2023, igual que Redfall, que tampouco estará listo para ser lanzado neste ano.
Ambos os dous títulos chegarán na primeira metade do 2023, e, alén do comunicado oficial, tampouco hai moito más que engadir sobre o seu desenvolvemento que, sen dúbida, non está a cumprir os prazos que o estudio tiña estimado.
Tenemos una actualización sobre Redfall y Starfield. pic.twitter.com/pSEaN6JjJ7
— Bethesda Español (@bethesda_ESP) May 12, 2022
Sen dúbida, o atraso de Starfield doe un pouco, pero doe porque pon sobre a mesa esa idea de que máis xogos que están previstos para este 2022, grandes lanzamentos, é máis que probábel que tamén acaben quedando polo camiño. A crise do coronavirus e as súas derivacións na industria do videoxogo á hora de traballar e manter plans laborais como antes semella algo moi lonxe de estar resolto.
Starfield debía ver a luz en novembro e Redfall bastante antes, agora, no verán. Quedan sen data concreta, o que, realmente, pode ser boa idea.