Tango Gameworks publica por sorpresa Hi-Fi Rush, o seu novo título
A desenvolvedora Tango Gameworks, dirixida por Shinji Mikami, acaba de publicar o que é a súa nova obra logo de The Evil Within 2 e Ghostwire: Tokyo. Si, xa está aquí. Pasou na presentación de Xbox. Anuncio e lanzamento. Chámase Hi-Fi Rush.
De que trata? É un xogo de ritmo que conta cun protagonista que posúe unha especie de iPod no peito que fai funcionar o seu brazo robótico, e que nos permite combater ao ritmo da música. Sen dúbida é un afastamento do terror con acción e algo de survival que acostuma Mikami, pero benvido sexa.
Ollo coa banda sonora, pois inclúe temas de bandas reais e bastante potentes, como NIN, Prodigy ou The Black Keys.