Actualidad Tencent se convierte en el accionista mayoritario de Tequila Works

Tencent se convierte en el accionista mayoritario de Tequila Works

Tencent continúa, aos poucos, coa súa expansión polo mundo. Desta vez, a multinacional xaponesa foi quen de chegar a un acordo con Tequila Works, estudio responsábel de obras como RiME ou Gylt.

Con sede en Madrid, Tencent pasa a ser o accionista maioritario da empresa. A través dun comunicado na súa páxina web, sinalan que este novo cambio «proporcionará os medios precisos para levar os seus xogos até o seguinte nivel».

Na práctica, a compañía xaponesa adquire un dos estudios españois con máis proxección nos últimos anos. Nestes intres están a desenvolver Song of Nunu: A league of Legends Story, un título para un xogador protagonizado polo campión de LoL composto por Nunu e Willump. Unha obra que tentará mesturar aventuras con quebrazabezas.

Paga a pena lembrar que Tencent xa é dona de Riot Games, estudio responsábel de League of Legends, polo que no fondo non debería sorprender en exceso estes movementos económicos e empresariais.

Sexa como for, a multinacional segue a medrar, logo de adquirir en febreiro 1C Entertainment e Inflexion Games. Ademais, hai unhas semanas mercaba Bandcamp, unha das plataformas musicais máis importantes no que se refire a música independente.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.