Actualidad Ubisoft Montreal asume o desenvolvemento do remake de Prince of Persia: As Areas do Tempo

Ubisoft Montreal asume o desenvolvemento do remake de Prince of Persia: As Areas do Tempo

Ninguén pode negar o éxito que tivo no seu intre Prince of Persia, quedando na memoria como unha das franquías máis famosas e valoradas de Ubisoft. Acción, plataformas e area foron por un tempo unha constante nas oficinas da compañía francesa que, case vinte anos despois, decidiu facer un remake de Prince of Persia: As Areas do Tempo.

Dous anos pasaron desde aquel anuncio e o lanzamento non semella estar preto, máis aínda se vemos que non está a ser un desenvolvemento doado. Ubisoft Pune e Ubisoft Mumbai eran os equipos encargados de sacar adiante o proxecto, pero este acaba de cambiar de mans.

Ubisoft Montreal, estudio orixinal da triloxía das Areas do Tempo, asumen o desenvolvemento da revisión coa idea de «tomar o tempo preciso para reorganizar a amplitude do xogo e ofrecer a mellor experiencia do remake dun clásico», reza o comunicado oficial.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.