Actualidade Este decembro poderás destilar, e moito, no Red Dead Online

Este decembro poderás destilar, e moito, no Red Dead Online

Rockstar segue expandindo o universo de Red Dead Online. No seu último anuncio, o estudio anunciou a chegada dun novo oficio: Licorista.

O rol estará dispoñíbel a partir do 13 de decembro e permitirá aos xogadores establecer e operar o seu propio negocio de Licorista en colaboración coa contrabandista Maggie Fike. Deste xeito, achégase unha nova serie de misións de historia para acabar cun foraxido rival, desbloquear habilidades específicas deste oficio e personalizar a túa cantina ilegal. Si, até poderemos ter unha banda de música en directo para o local.

Por suposto, o éxito do noso negocio dependerá da perfección que alcancemos no proceso de destilación, como tratemos cos vendedores rivais e, como non, como saibamos evitar ás autoridades locais.

Para conseguir o rol de especialista de Licorero, será preciso ser un comerciante activo e completar unha misión de venda ou lograr o nivel 5 no devandito oficio antes de poder comprar unha destilería. Cal é o custo deste negocio? Rockstar aínda non o revelou.

O 13 de decembro tamén chegarán outras novidades ao xogo, como o Pase de Foraxido II, o novo revólver Navy, novas pezas e máis espazo para vestimentas no armario.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.