Actualidade Estes son os 20 xogos máis vendidos do ano en Xapón

Estes son os 20 xogos máis vendidos do ano en Xapón

A prestixiosa revista xaponesa Famitsu colgou nas últimas horas a listaxe dos videoxogos máis vendidos en Xapón no que vai de ano. Unha lista que se atopa claramente dominada pola compañía local, Nintendo, xa que consegue colocar até dez xogos entre os vinte máis vendidos do 2019.

Iso si, a medalla de ouro é para Sora, Donald e Goofy, xa que Kingdom Hearts III achégase á cifra do millón de unidades vendidas —838.927 unidades—. Os anos de espera por esta entrega remataron por xerar un enorme efecto chamada entre os afeccionados xaponeses e sobre todo, Square Enix.

Aquí tes a lista completa:

  1. Kingdom Hearts III — 838.927 xogos vendidos
  2. Super Smash Bros. Ultimate — 779.845 xogos vendidos
  3. New Super Mario Bros. U Deluxe — 643.426 xogos vendidos
  4. Resident Evil 2 — 393.688 xogos vendidos
  5. Mario Kart 8 Deluxe — 318.492 xogos vendidos
  6. Pokemon: Let’s Go, Pikachu! & Let’s Go, Eevee! — 312.278 xogos vendidos
  7. Minecraft: Nintendo Switch Edition — 305.640 xogos vendidos
  8. Super Mario Party — 284.170 xogos vendidos
  9. Sekiro: Shadows Die Twice — 260.223 xogos vendidos
  10. Splatoon 2 — 224.791 xogosvendidos
  11. Ace Combat 7: Skies Unknown — 215.421 xogos vendidos
  12. Super Mario Maker 2 — 196.153 xogos vendidos
  13. Yo-kai Watch 4: We Are Looking Up at the Same Sky — 191.097 xogos vendidos
  14. Devil May Cry 5 — 183.627 xogos vendidos
  15. Days Gone — 182.787 xogos vendidos
  16. The Legend of Zelda: Breath of the Wild — 168.697 xogos vendidos
  17. Yoshi’s Crafted World — 153.197 xogos vendidos
  18. Super Dragon Ball Heroes: World Mission — 125.308 xogos vendidos
  19. Jump Force — 125.057 xogos vendidos
  20. Anthem — 114.570 xogos vendidos

 

Juan Sanmartín
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *