Estes son os 25 videoxogos máis descargados para Switch no 2019

Estes son os 25 videoxogos máis descargados para Switch no 2019

A compañía da Gran N vén de facer pública a súa clásica lista de xogos máis descargados ao longo do ano desde a eShop. Nintendo Switch viviu un ano de enorme crecemento, tanto de vendas da máquina como de expansión do seu catálogo.

No cume desta listaxe aparece un case obvio e obrigado Fortnite, que continúa a ser un dos títulos máis xogados e descargados en todo o mundo e en todas as plataformas e sistemas posíbeis. Ora ben, a segunda praza é para Super Smash Bros. Ultimate, exclusivo de Switch e convertido no xogo de loita máis exitoso da historia desde hai apenas unhas semanas, após superar ao mítico Street Fighter II.

Minecraft ocupa o terceiro posto, seguido de Cuphead e un sorprendente e meritorio posto para Untitled Goose Game, un dos grandes éxitos independentes deste ano.

A continuación tes a lista completa das obras máis descargadas de Nintendo Switch durante o ano 2019:

  1. Fortnite
  2. Super Smash Bros. Ultimate
  3. Minecraft
  4. Cuphead
  5. Untitled Goose Game
  6. Pokemon Sword
  7. Fire Emblem: Three Houses
  8. NBA 2K19
  9. New Super Mario Bros. U Deluxe
  10. Dragon Ball FighterZ
  11. Pokemon Shield
  12. Super Mario Maker 2
  13. Overcooked! 2
  14. Hollow Knight
  15. The Legend of Zelda: Link’s Awakening
  16. Luigi’s Mansion 3
  17. Cadence of Hyrule
  18. Super Mario Party
  19. Final Fantasy VII
  20. Dragon Ball Xenoverse 2
  21. Marvel Ultimate Alliance 3: The Black Order
  22. Undertale
  23. Cadence of Hyrule: Crypt of the NecroDancer
  24. Warframe
  25. Mortal Kombat 11

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados
Comentarios non permitidos
    • Pastel de carne
    • En: 05 de Xaneiro de 2020

    Este ano comprei a Switch, xunto cando saiu a nova versión con mellor procesador ou algo así.
    A verdade e que é unha forma completamente distinta de xogar…

    Da lista, o que xoguei foi:
    – Untitled Goose Game: Unha gran sorpresa, ainda que despóis do shock inicial, fíxose un pouco repetitivo, pero como so dura 3-4 horas, pois nin tan mal. 7/10
    – Pokemon Escudo: Ainda estou agora con él, o último ó que xogara foi o Plata, polo que todo é incrible para min, sei que a xente se queixa demasiado do xogo e o tema da Pokedex, pero se a única comparativa é o plata, moi ben. 9/10

    E detrás diso, o BOTW que teño a medias pero non son moi de mundo aberto, e o Sayonara Wild Hearts que é o gañador de tapado. 10/10