Actualidade Estes son os xogos máis vendidos de Nintendo Switch até o de agora

Estes son os xogos máis vendidos de Nintendo Switch até o de agora

Hai apenas dous anos e medio que se atopa entre nós, pero Nintendo Switch continúa batendo récords. Hai nada fíxose público que a consola de Nintendo estaba a piques de bater en vendas totais a Xbox One, o dispositivo de sobremesa de Microsoft. Este dato é o indicativo perfecto á hora de sinalar a súa boa saúde, que se vai constatar con toda probabilidade grazas á próxima saída de Pokémon Espada e Escudo nuns poucos días.

Agora, foi o momento de coñecer os alicerces que sosteñen este éxito, é dicir, os videoxogos máis vendidos de Nintendo Switch. Entre eles atopámonos unicamente con xogos exclusivos da compañía xaponesa, polo que os títulos de Nintendo están a funcionar á perfección. Esta é a lista:

  • Mario Kart 8 Deluxe: 19.01 millóns de unidades.
  • Super Smash Bros. Ultimate: 15.71 millóns de unidades.
  • Super Mario Odyssey: 15.38 millóns de unidades.
  • The Legend of Zelda: Breath of the Wild: 14.54 millóns de unidades.
  • Pokémon: Let’ s Go, Pikachu!/ Eevee!: 11.28 millóns de unidades.
  • Splatoon 2: 9.28 millóns de unidades.
  • Super Mario Party: 7.59 millóns de unidades.
  • New Super Mario Bros. U Deluxe: 4.59 millóns de unidades.
  • Super Mario Maker 2: 3.93 millóns de unidades.
  • The Legend of Zelda: Link’ s Awakening: 3.13 millóns de unidades.

Vendo  á listaxe, podemos comprobar como Super Smash Bros. Ultimate, cuxo lanzamento sucedeu hai menos dun ano, xa está dentro das posicións máis altas, xa que se trata dun dos xogos con máis calado entre a comunidade.

Sorprende tamén que Link’s Awakening estea entre os máis vendidos, ao levar pouco máis dun mes nos andeis das tendas de videoxogos. As vendas destas obras constatan a boa dinámica na que se atopa Nintendo Switch, que revitalizou a Nintendo após o fracaso que supuxo a súa anterior máquina, Wii U.

Juan Sanmartín
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

2Comentarios
    • Alexil92
    • En: 31 de Outubro de 2019

    Coláronsevos un par de erros no Splatoon 2 e Super Mario Maker 2, por culpa dos douses 😉

    En canto á lista, con semellantes números para Mario Kart 8 Deluxe, un Mario Kart 9 en Switch xa case parece impensable. A ver se polo menos reviven a saga F-Zero para compensar xD.

    Responder
  1. […] Os novos xogos colocáronse como os máis rapidamente vendidos da historia da máquina de Nintendo. Agora, haberá que esperar para comprobarmos se nos próximos meses superan a Mario Kart 8 Deluxe como obra máis vendida de Switch. […]

    Responder
Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *