eSports EVO 2019 :: Unha conclusión con máis forza que nunca

EVO 2019 :: Unha conclusión con máis forza que nunca

A forza que  se sente no ambiente, após a finalización do EVO 2019, é evidente; é a confianza dunha comunidade unida e cun futuro esperanzador. Os xogos de loita demostraron ter o seu lugar, ensináronnos as súas grandes historias e rivalidades, os seus veteranos famentos por desbancar ao novo campión e os prodixios descoñecidos até  hai pouco conquistando títulos. Este momento é moi probablemente o mellor periodo no que se atopa a comunidade desde hai moito tempo, e é posible que algúns prefiran os tempos do Street Fighter 4 ou os Good Old Day das arcades, pero o certo é que estamos nunha nova era dourada dos xogos de loita.

A nivel de comunidade e de títulos hai un ecosistema que permite unha gran variedade de xogos coexistindo uns con outros e, malia que poida haber algún pique ocasional, o certo é que a maioría respectan aos xogadores doutros xogos e venos como compañeiros. Este ano vivimos unha incríbel participación de xogadores en múltiples torneos, entre os que destaca Sonicfox co seu segundo posto en Dragon Ball FighterZ e primeiro en Mortal Kombat 11..

As últimas finais tiveron lugar onte e comezaron coa vitoria de Bonchan en Street Fighter V, quen eliminou en Top 64 a Vegapatch. En Tekken 7, Arslan Ash deu espectáculo co seu xa clásico duelo co veterano Knee e o paquistaní agora posúe os dous títulos do EVO baixo o brazo (EVO 2019 e EVO Japan 2019). E incríbel pensar que até hai un ano Arslan Ash non saíra a torneos internacionais, e agora podemos velo gañar con soltura no máis alto nivel. En Smash Ultimate puidemos ver a vitoria de Mkleo, e logrou a vitoria con Joker do seu lado.

Heaven Or Hell? Let’s Rock!

Os anuncios do último día foron, sen dúbida, esperanzadores. Coa volta de Arc System Works a Guilty Gear en 2020, non só retornan ao seu primeiro xogo con Daisuke Ishiwatari (creador da franquía e voz do seu protagonista, Sol Badguy, nos primeiros títulos), senón que tamén é unha volta ao xogo co que lograron un estilo 3D con aparencia 2D que formou o esqueleto do Arc System Works de hoxe en día con xogos como Dragon Ball FighterZ ou Grand Blue Fantasy Versus. Guilty Gear non podía aguantar ver os focos sinalar a outros e agora pretende telos de volta coa súa enerxía e poderoso estilo.

ArcSys tamén anunciou a continuación de BlazBlue Cros Tag Battle coa súa continuación á versión 2.0, que inclúe aos personaxes do Doujin Fighter Akatsuki Blitzkampf (entre os que está un tanque). A saga Senran Kagura entra en BBTag con Yumi e RWBY expande o seu equipo coa vilá Neopolitan.

Namco amosou a sua Tempada 3 para Tekken 7 con Zafina (aparentemente co brazo de Azazel) e a nova inclusion ao xogo de Leroy. Este vello mestre de Kung Fu neoiorquino mostra unha serenidade de Wang Jinrei e a base das peliculas de Kung Fu do Blaxplotation americano. Entre os incidentes da noite cabe destaca a trasnada pesada do Codec durante os anuncios do Tekken, pois fixo pensar a moitos que Solid Snake sería un personaxe invitado dado á súa similitude con Dragunov no estilo de combate.

A colaboración de Namco SNK en Soul Calibur VI, coa inclusión de Haohmaru de Samurai Shodown, mostrouse xunto ás actualizacións e o regreso de Cassandra.

SNK anunciou a saída de DLC de balde para Samurai Shodown con Shizumaru. Os personaxes da seguinte tempada amosáronse con Mina como primeiro personaxe a partir dos plans de 2020. Finalmente concluíron cun teaser de King Of Fighters XV.

Este EVO foi un evento para lembrar. Agardo que todos os que sintonizasen unha cita deste tipo por primeira vez teñan gana de quedar. Keep On Rockin