F.I.S.T.: Forged In Shadow Torch chega mañá a PlayStation e presenta novo adianto

Un novo metroidvania chega para PlayStation. F.I.S.T.: Forged In Shadow Torch aterrará mañá na tenda dixital de Sony. A partir do 7 de setembro, poderemos xogalo en cualquera dos seus dous sistemas actuais, PS4 ou PS5.
Trátase dunha aventura desenvolvida por TiGames e Bilibili, na que nos poñemos na pel de… un coello antropomorfo. A súa ambientación promete, do mesmo xeito que a súa acción e a súa xogabilidade. Polo momento, as críticas que foron saíndo din del que é un título máis que notable.
F.I.S.T.: Forged In Shadow Torch early review scores
Noisy Pixel 9
COGconnected 90
Hardcore Gamer 4/5
Game Informer 8.5
Press Start 8
PlayStation Universe 8MC 83 (9 critics)https://t.co/w01mp8PzKM
OC 82 (3 critics)https://t.co/IO5DAkzATd pic.twitter.com/dVp7F6ol6f
— Nibel (@Nibellion) September 6, 2021
«Despois de que os animais de Torch City fosen derrotados pola invasora Lexión Robótica na Guerra da Resistencia fai seis anos, o ex combatente da Resistencia Rayton o coello mantívose nas sombras», reza a sinopse oficial de F.I.S.T.: Forged In Shadow Torch.
Tamén chegará a Steam, nalgún momento do futuro, mais non hai unha data concreta para este debut. En Asia semella que tamén terán versión física para as dúas consolas de Sony, pero aquí, polo de agora, non hai distribuidor.