Faleceu Jonas Neubauer, sete veces campión do mundo de Tetris

Faleceu Jonas Neubauer, sete veces campión do mundo de Tetris

Jonas Neubauer, sete veces campión do mundo de Tetris clásico, faleceu esta semana despois de unha «repentina emerxencia médica», tal e como se indica na súa conta persoal de Twitter. O estadounidense estaba considerado como un dos mellores xogadores da historia.

Lenda dentro do mundo de Tetris, Neubauer obtivo unha especial repercusión pública cando Ibai Llanos narrou unha das súas finais, nas que tirando de humor e retranca, bautizouno como Jonás, un tipo de Albacete con especial habilidade para o xogo dos tetriminos. Algúns medios nacionais e internacionais chegaron a dar por boa tal información, xerando unha auténtica bomba viral que chegou a oídos do estadounidense, que mesmo viaxou a Albacete para coñecer o lugar.

conta oficial de Twitter de Tetris tamén publicou o pasamento no seu muro, igual que outras personalidades dos deportes electrónicos. Neubauer levaba desde 2010 nos circuítos profesionais, feito que amaba e gozaba.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.