Fall Guys incluirá un sistema que impedirá as trampas durante as partidas
Mediatonic decidiu finalmente tomar as medidas necesarias para impedir as trampas durante as partidas de Fall Guys. A través unha publicación na súa conta de Twitter, o estudio anunciou que nas dúas vindeiras semanas lanzarán unha gran actualización que incluirá un sistema anti-cheats.
Son coñecidos os vídeos virales de xogadores que se aproveitan de ferramentas de hackeo para avanzar a velocidades inigualábeis ou directamente saltar todos os obstáculos da proba. Esta práctica tan estendida entre os xogadores de PC será limitada no futuro. Será así grazas ao mesmo programa que utiliza Fortnite, Easy Anti-Cheat. É a mesma ferramenta que está presente en Apex Legends, Halo: The Master Chief Collection, For Honor e outros moitos títulos multixogador.
We're really sorry about the cheating problem!
We're expanding the current detection system this week to improve things
We also have a BIG update in the next couple of weeks that adds the same anti-cheat used by games such as Fortnite
Thanks for bearing with us!
[Not BeanBot]
— Fall Guys | BeanBot Activated 🤖 (@FallGuysGame) September 6, 2020