Fall Guys recibe a súa primeira actualización e inclúe unha nova proba
Primeira actualización para o xogo do momento. Mediatonic revelou que Fall Guys recibirá hoxe mesmo un parche cuxa principal novidade é unha nova proba. Jump Showdown é o reto elixido e xa estivo incluído durante a beta do battle royale de plataformas.
Tamén se incluirán correcións a diversos erros, sobre todo referentes aos apartados de controis e físicas. Fall Guys está a bater todos os rexistros, con máis de 2 millóns de copias vendidas en Steam, amais de ser un dos xogos gratuítos de PlayStation Plus do mes de agosto, o que logrou colocalo como todo un éxito.
🚨 We're about to drop a new level into rotation!!! 🚨
Jump Showdown – A fan-favourite from the beta! 👑
We'll be adding it in our first update TOMORROW!
Patch-notes in the thread 😗👌
More new levels will be coming soon – along with new features & costumes 👀 pic.twitter.com/zQ4hOI70MP
— Fall Guys 👑 (@FallGuysGame) August 11, 2020




